Áridos degradados

 

 

Para Esquerda Unida non cabe facer deixación das responsabilidades por parte dos poderes públicos cando hai un posible risco para a saúde pública como é o caso. No caso do Porto de Ferrol, unha análise  feita por Augas de Galicia  sobre mostras de auga empozada ao pé da acumulación dos devanditos áridos bituminosos arroxou concentracións superiores aos límites de detección, no que fai  aos hidrocarburos aromáticos policíclicos, que son produtos canceríxenos, mutóxenos ( que producen mutacións xenéticas ) e teratóxenos, susceptibles de producir malformacións fetais.

 

Esquerda Unida quere lembrar que estes feitos tiveron unhas dilixencias preprocesuais incoadas pola Fiscalía da Coruña  arquivadas ao final por considerar que non se produce delito ambiental. Agora ben, as dilixencias recoñecen  varias circunstancias perigosas:

 

      – A mostra de áridos obxecto da análise non foi sometida a procesos de valorización mediante calor.

          A presenza de contaminantes implica un risco en función do uso que se faga do devandito material ante a posibilidade de exposición sobre as persoas e no medio ambiente.

 

    – Existe un risco de afectación ás canles e medios próximos, xa que os hidrocarburos aromáticos policíclicos son substancias perigosas para o medio ambiente e incluso para as persoas ao traverso da cadea alimentaria.

 

 

    Xa que logo, o noso Grupo Municipal  reclama que se apliquen as medidas necesarias para descartar calquera risco tanto no que atinxe tanto ao almacenaxe como  o emprego do material bituminoso:

 

    – A almacenaxe dos áridos bituminosos tense que facer en superficies impermeabilizadas e baixo cuberta e cun sistema perimetral  de recollida de augas para que non se vertan nas augas superficiais.

 

         No que atinxe ao seu emprego como recheo hai que facer unha valoración de riscos na zona de uso ao abeiro do que recolle o RD 9/2005 que relaciona as actividades potencialmente contaminantes do solo. Emprego que cando se faga en asociación con outros materiais esixirá unha garantía de estabilización do material e de non produción de lixiviados.

 

     Esquerda Unida demanda do Goberno Municipal e da Autoridade Portuaria que fagan cumprir os protocolos adicionais de seguridade que reclamamos.

Relacionados