Arquivado o Caso Someso

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que o PP so pretende acadar réditos políticos co caso Someso en lugar de recuperar o patrimonio municipal espoliado e depurar responsabilidades. É certo que o goberno local foi o primeiro que abriu un proceso de investigación sobre o escándalo urbanístico de Someso propiciado polos gobernos do PSOE cando era alcalde Francisco Vázquez, e que na actualidade xa supón unha perda patrimonial superior aos 32 millóns de euros, o 12% do orzamento do 2013, pero pode chegar aos 50 millóns coas indemnizacións pendentes de ditaminar pola xustiza, o que supón preto do 19% do orzamento do 2013.

Máis tamén o é que rexeito diversas solicitudes de comisións de investigación presentadas por Esquerda Unida e que en lugar de continuar coas investigacións naqueles puntos onde o informe técnico non chegaba, preferiu presentar iniciativas tendenciosas e incompletas ante a fiscalía e o Tribunal de Contas, para que foran arquivadas, así o PP acada réditos electorais desgastando ao PSOE pero evita depurar responsabilidades dos membros dos anteriores gobernos socialistas e dos promotores que se lucraron a conta dos coruñeses e coruñesas.

A actuación do Tribunal de Contas demostra a alianza entre PP e PSOE para encubrir aos culpables do caso Someso denunciada por Esquerda Unida. Non é cuestión baladí que aos populares se lles “esquecera” mencionar á venda sen concurso do patrimonio municipal nesa zona, así o propio Tribunal, coa súa decisión, está a amosar que a forma de actuar e presentar a documentación por parte do goberno municipal procuraba o arquivo do caso.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o PP non so defende a Paco vázquez senón que tamén o fai cos promotores beneficiados do pelotazo urbanístico, demostrando que PP e PSOE teñen intereses comúns, debería caérselle a cara de vergoña a aqueles que defendían a súa actuación en base ao arquivo das iniciativas e argumentaban en sede plenaria que as denuncias de EU e BNG eran a obsesións, cando a realidade está a demostrar que o único que se pretende é achegar luz ao caso, dirimir responsabilidades e recuperar todo o patrimonio esquilmado aos coruñeses e coruñesas que sexa posible”.

Relacionados