s5002671 copiar.gif - 20.94 Kb

Arranxo Bosque dos Nenos

 

A nosa organización quere salientar a importancia e fermosura da paraxe e os seus valores culturais e recreativos. Non podemos, xa que logo,  deixar de lamentar o descoido do Goberno no que atinxe a garantir un mantemento regular desta área. “ Non se pode desbaldir o traballo das entidades sociais descoidando o mantemento dun área como o Bosque dos Nenos “ sinala Yolanda Díaz. 

 

A nosa organización vén de comprobar in situ o estado de descoido e de falla de mantemento no que se atopa este espazo natural. Non se realizan labores de limpeza, nen de mantemento dos camiños interiores e dos accesos peonís ao mesmo. Incluso a sinaléctica require dunha mellora, dado que semella necesario incluilo na sinaléctica normalizada do concello, porque a única indicación é un cartel en madeira que non garante a mellor das visibilidades.

 

Yolanda Díaz salienta asemade o traballo de recuperación feito polo colectivo Lapis Verde, un traballo social de primeira magnitude e que amosa, a modo de exemplo,  a importancia dos colectivos ecoloxistas e do seu quefacer na nosa bisbarra. Traballo que desgrazadamente desatende un Goberno Municipal descoidado e desinteresado polo coidado das pequenas cousas, que para Esquerda Unida marcan unha diferenza cualitativa no día a día e na vida real da nosa veciñanza.

 

Esquerda Unida considera necesario a elaboración dun programa anual  de mantemento dos espazos naturais da Zona Rural. A importancia destas zonas semella evidente para procurar espazos naturais  de lecer e sociabilidade alternativos na nosa Zona Rural. Polo tanto, Esquerda Unida propón a elaboración e execución dun programa anualizado de mantemento deste espazos recuperados na  Zona Rural.

 

A falla de compromiso do Goberno coa veciñanza da Zona Rural é flagrante: dende os grandes  incumprimentos, como o  de adicar un millón de euros  ao reequilibrio de servizos, ate as pequenas cousas, como o descoido e inasistencia ás xuntanzas coas veciñais da Zona Rural. Nese contexto de desleixo se insire o descoido no que se atopa o Bosque dos Nenos. Para Esquerda Unida cómpre remudar esta inaceptable actitude.

Relacionados