Xa se produciu un accidente nestes días e non cabe xogar coa seguridade vial da nosa veciñanza. Urximos ao Goberno a que acometa esta reparación con independencia de quen sexa o titular da estrada. Subliñar tamén que a sinal que advirte do furado na estrada sitúase demasiado cerca do propio burato o que deixa moi pouca marxe para reaccionar aos conductores.
Pasividade irresponsable, ese é o termo que define a actitude do concelleiro de Zona Rural, que coñecedor da situación non amosou decisión algunha para resolvela, derivando a situación cara a Deputación. Este Grupo Municipal repróchalle ao concelleiro esa actitude pasiva e irresponsable que pon en risco de maneira innecesaria a nosa veciñanza. Discútase con a administración que sexa, pero arránxese o perigo.
Doutra banda Javier Galán demanda do Goberno Municipal que estabeleza un procedemento de control permanente que garanta información actualizada do estado das estradas do termo municipal e que permita o arranxo dos furados neses viais coa máxima urxencia. “Xogamos coa seguridade das persoas, non caben pasividades irresponsables”, sinala Javier Galán.