Arranxo carril bici

 

Unha sucesión de buratos fan difícil e perigosa  o tránsito por este vial, situación que non deixa de prexudicar ás persoas que queren empregar a bicicleta como medio de transporte.

 

Esquerda  Unida insta ao Goberno Municipal a proceder a arranxar de inmediato este carril bici para garantir tanto a seguridade do tránsito polo mesmo, canto para afianzar un xeito de transporte sustentable e saudable, que dende unha política de mobilidade avanzada supón un chanzo importante da oferta que se debe dispor dende os poderes públicos da nosa cidade.

 

Yolanda Díaz pídelle ao Goberno Municipal un compromiso firme con esta modalidade de transporte e, xa que logo, que se proceda tanto o arranxo do firme do carril bici no barrio de Esteiro, canto  a súa continuación ate completar a súa instalación polo barrio de Caranza, barrio da cidade onde esta modalidade de transporte conta cuns espazos axeitados para o seu desenvolvemento.

 

Esquerda Unida vai levar estas demandas, nesta semana que entra, á comisión correspondente en orde a conquerir do Goberno Municipal que se comprometa con feitos con este xeito de transporte.

 

Relacionados