Arranzo beirrarúas Avda. Quiroga Palacios

Son constantes as queixas veciñais que recibimos respecto o lamentable estado en que se atopan moitas beirarrúas en calquera barrio da cidade, sendo necesario actuar de inmediato para garantir a seguridade das persoas que transitan por elas.

Unha destas beirarrúas na que consideramos urxente levar a cabo obras de mellora, son as que están na Avda. Quiroga Palacios, pois demostran a simple vista graves deficiencias que deben ser eliminadas.

En primeiro lugar o firme das beirarrúas atópase en mal estado, sendo crítico a carón das árbores situadas nesta beirarrúa, posto que as raíces están a levantar o firme facendo case imposible transitar con seguridade por esta zona da cidade, sobre todo nestes meses de inverno no que auga e a pronta escuridade aumentaban na veciñanza a sensación de perigo.

Outra actuación necesaria é a de corrixir as deficiencias existentes en varios pasos de peóns nesta avda. posto que bordos elevados, elevadísimos nalgún caso, dificultan, e ata poden impedir, non so o transito de persoas en cadeira de rodas, se non o pasear de moitas persoas maiores do barrio que teñen serias dificultades para cruzar neste lugares.

O Consello Comarcal de EU Compostela esixe ao goberno local do Partido Popular que modifique a nefasta xestión que está a levar a cabo, e escoite as demandas das cidadanía para actuar en consecuencia.

Como xa manifestaramos hai que saber priorizar os gastos, medida que o equipo de Currás non sabe facer, claro exemplo desta inoperancia comprobase hoxe mesmo na cidade, posto que mentres o mal estado de decenas de beirarrúas na cidade supoñen un risco para as veciñas e veciños, o PP inaugura a remodelación do parque de Ramírez, que custou case 500.000 euros, cando non era unha medida urxente que tivera que acometer este Concello.

Por todo isto dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela esiximos ao equipo de goberno do Partido Popular que troque a súa errática política e acometa, tralo debate pertinente co tecido asociativo da cidade, as actuación que o benestar das veciñas e veciños precisa

Relacionados