Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea, estivo esta semana no espazo “Galicia por Diante”, de Radio Galega, onde falou sobre temas de actualidade política.
A coordinadora nacional de Esquerda Unida considerou positiva a proposta de Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, de artellar unha coalición de partidos con En Marea, Podemos, Esquerda Unida e Anova. “Esa fórmula, a da coalición, foi coa que nos presentamos nas pasadas xerais. É a ferramenta coa que estamos a traballar neste proceso de xerais e nese sentido espero que exista capacidade de entendemento para sacala adiante”, apuntou.
Solla insistiu en que “sumar é prioritario”. “Estas eleccións son moi importantes e as forzas temos que sumar cun acordo en que esteamos todos para frear ese posible ou aparente ascenso da dereita do noso país”, dixo.
Escoitar dende aquí a súa intervención