As irregularidades urbanísticas están a hipotecar a cidade

 

O Concello argumentou que os terreos adquiríanse por un contrato de compravenda no canto de por expropiación, con todo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeitou os argumentos do Concello e emitiu unha sentencia na que se obriga ao Concello da Coruña a pagar 8,2 millóns de euros en concepto de indemnización a cinco propietarios de terreos en Someso expropiados en 1989 para construír un campo de fútbol que nunca se fixo. 

 

Na actualidade o concello enfróntase a 15 novos procesos xudiciais. Oito pola mesma circunstancia, mentres que nos sete restantes os terreos expropiáronse para a construcción da estrada de Pocomaco, aínda que os demandantes afirman que boa parte do terreo utilizouse para construír edificacións. Así pois, as indemnizacións poden acadar os 18 millóns de euros. Ademais, segundo a sentenza firme, o Goberno municipal debe ao redor de 90.000 euros en concepto de intereses e cada día que pasa sen cumprir a sentenza a cifra aumenta en 712 euros, mentres o Goberno municipal, “nin está nin se lle espera” nun novo alarde de ineficacia, pois nin tan sequera creo a partida correspondente nos orzamentos do 2011. Toda vez que os afectados rexeitaron o pagamento de dita sentenza con terreos públicos.

 

O consello comarcal de EU Coruña rexeita a política urbanística do Goberno municipal baseada no “todo vale”. As recentes sentenzas de Someso ou o edificio de Fenosa están a avalar as nosas denuncias en materia urbanística.

 

Esquerda unida afirma que as irregularidades urbanísticas cometidas polo anterior Goberno municipal do PSOE están a hipotecar a cidade coruñesa como o demostran as millonarias indemnizacións as que o concello ten que facer fronte.

 

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, fai unha chamada a cidadanía de esquerdas para, entre todas e todos, rexenerar a política na Coruña, desterrar as irregularidades no concello e desenvolver políticas centradas na cidadanía e non no capital que poñan o acento nas verdadeiras necesidades da maioría social como a reactivación económica local para xerar emprego e resolver o grave deterioro social e medioambiental no que nos atopamos.

 

Relacionados