As mentiras de Feijoo

Non vale todo para seguir no poder, non vale xogar coas esperanzas e necesidades da plantilla de Navantia e da cidadanía ferrolterrán en xeral.

A dignidade dun poder público queda irremisiblemente danada cando se minte a sabiendas para saír do paso, que semella é o único obxectivo qe ten Feijóo: gañar tempo ata pasadas as eleccións e para iso válelle todo, mentiras incluídas.

Javier Galán advirtiu que abonda do circo das mentiras que desenvolve un PP esgotado e que se amosa sen recursos nin iniciativas para conquerir sacar a esta sociedade da crise e recesión na que as burbullas especulativas e a rapacidade do capital, dos grandes empresarios e defraudadores nos colocou. Esa maneira de actuar senta as bases para un estoupido social.

Esquerda Unida rexistrou a petición de comparecencia dos máximos responsables da SEPI e do grupo Navantia  para tentar clarexar a situación encol do dique flotante, que vai vencido de prazos e non atende as demandas e protestas da plantilla e cidadanía.

O presidente da Xunta ten unha última oportunidade para saír con dignidade desta tramoia de falsedades: facer público o asinado para que a cidadanía coñezamos o pormenor e se poida zanxar a polémica. Polémica que pon en vilo a vida da cidadanía traballadora.

O poder público galego ten un imperativo de transparencia e veracidade: Feijóo está a piques de saír de escena de xeito indigno.

 

Relacionados