As vivendas do Sareb

AGE, a través da súa viceportavoz Yolanda Díaz, volveu levar ao Parlamento a dramática situación do dereito á vivenda en Galicia. Segundo datos do Consello Xeral do Poder Xudicial, nos nove primeiros meses de 2013, executáronse 1.169 desafiuzamentos no país. “Os gobernos non poden vulnerar dereitos fundamentais”, denunciou Díaz, “e o español fíxoo, tal e como di unha sentenza do tribunal de Luxemburgo”. A viceportavoz de Alternativa acusou ao Partido Popular de servo dos grandes banqueiros antes de defender unha proposición non de lei (pnl, no arquivo anexo) en esixe á Xunta políticas activas sobre o que a Constitución aínda define como un dereito social.

“O Goberno galego debe conquistar a cesión das vivendas que o Sareb posúe en Galicia”, expón a iniciativa de Alternativa, “para a súa posta a disposición das familias galegas desafiuzadas a través dun aluguer social”. Ademais, e logo dun quinquenio de Goberno Feijóo en que os orzamentos destinados á materia derrubáronse nun 80%, AGE reclama “reforzar as políticas públicas que eviten desafiuzamentos no país” e mais que a propia Xunta sexa o organismo que garanta a cada familia desafiuzada unha vivenda.

O BNG e máis o PSdeG apoiaron a proposición e engadiron emendas. O PP negouse e volveu demostrar para quen gobernan: para os banqueiros e os grande propietarios.

Relacionados