Asemblea Convocatoria Social

Coa participación de afiliados, simpatizantes, membros de colectivos sociais e cidadáns a título individual, EU de Vigo abriu a súa asemblea para coñecer as propostas da cidadanía activa, nun momento no que a rúa pide as forzas políticas democracia orgánica e modelos participativos amplos.

Na presentación da CONVOCATORIA o coordenador local de EU, Rubén Pérez, recordou que esta proposta nútrese das propias orixes de EU que, como movemento político e social, nace das plataformas plurais que en 1986 organizáronse para artellar o NON a entrada do Estado español na OTAN.

A asemblea, que foi moderada por compañeiros non pertencentes a EU, propuxéronse diversos temas de debate e propostas programáticas orientadas a buscar unha forza política que sexa capaz de enfrontarse a situación actual do sistema capitalista. Algunhas destas propostas foron:

·   Independencia do poder xudicial

·   Reforma do estado

·   Nova lei electoral (1 persoa = 1 voto)

·   Con fondos públicos se subvencione medios de comunicación non debería aparecer na Constitución.

·   Mínimo esixible o goberno para gasto público debería estar na Constitución.

·   Esixir política de planificación ás grandes empresas que xeren emprego e benestar social

·   Creación dunha banca pública, reformas no sistema financeira

·   Maior control das ICAP

·   Recuperación do Imposto do Patrimonio

·   Obrigatoriedade de un mínimo inversión de I+D

·   Loita contra a economía mergullada.

·   Límite ó gasto militar

·   Prohibición na C a conxelación das pensións

·   Tasa TOBIN.

·   Saír da OTAN

·   Non participar en institucións militares. Construir un frente pacifista

·   Homoxeneizar as condicións laborais de forma internacional. Os produtos que se vendan no mercado internacional ten que cumprir un requisitos.

·   Para xerar empresas necesítase poder adquisitivo= vía salarios e redistribución da renda, impuestos progresivos.

Na asemblea, presidente do Comité de empresas do 061 informou da folga do sector convocada ante o feito de que estamos a padecer recortes no servicio de ambulancias. En pontevedra en 5 localidades estase a recortar unha ambulancia nocturna. 12 ambulancias asistenciais por ratio de población en Vigo, cos recortes quedarán soamente 3. Os asistentes amosaron a súa solidariedade cos traballadores e traballadoras do 061.

 

Relacionados