Unha delegación da executiva de Esquerda Unida, xunto con algún deputado de AGE, mantiveron onte no Parlamento de Galicia unha xuntanza coa Asociación en defensa da Sanidade Pública.
O deterioro e privatización da Sanidade Pública tanto no país coma no estado, está a ser un obxectivo da política do Partido Popular. Dende Esquerda Unida, consideramos a defensa deste dereito unha das batallas prioritarias polas que a cidadanía debe loitar. A coincidencia entre ambas delegacións é plena, o obxectivo é claro e a loita necesaria tanto dende as institucións coma dende a rúa. Esquerda Unida manifesta o seu apoio e disposición para traballar conxuntamente coa Asociación en defensa da Sanidade Pública.







