centella en ferrol.jpg - 48.31 Kb

Astano e Bazán, a loita continua.

 

 

Unha delegación de Esquerda Unida se reuniu na mañán de hoxe cos comités de empresa das vellas e combativas Astano e Bazán para estudar a situación actual, que logo da botadura desta semana  non é outra que a dramática situación de gradas baleiras.

 

Yolanda Díaz e Javier Galán, edís de Eu no concello de Ferrol, Mari Carmen Martínez, representante de EU no concello de Fene, Xosé María Dobarro, coordinador comarcal de Esquerda Unida, e Carlos Portomeñe, Secretario Xeral do PCG, acompañaron a José Luis Centella, deputado de IU- A ESQUERDA PLURAL, o cal expresou a determinación da formación política de esquerdas e ecoloxista para continuar a loita no Congreso ate conquerir as lexítimas e xustas demandas da plantilla de traballadoras e traballadores do estaleiro.

 

Globalizar as loitas, coordinalas e manter a solidariedade entre as traballadoras e traballadores foi unha das consideracións estratéxicas que se enunciaron no transcurso da xuntanza de traballo. As loitas unitarias e a solidariedade como elemento de forza dos que SOMOS MAIORÍA supoñen a única posibilidade efectiva de derrotar o PP e ás políticas de dereitas, as faga quen as faga.

 

Centella denunciou logo, na rolda de prensa, que nos atopamos ante unha situación excepcional, caracterizada porque os gobernos do PP, nomeadamente o de Rajoy, están nunha guerra aberta contra o pobo traballador, dende as concas mineiras ates os estaleiros pasando polas agresións no ensino e saúde públicas. Pola contra, todos son regalos e acenos cómplices cos ricos, banqueiros e especuladores.

 

Esta tarde, Centella continuará o seu percorrido polas problemáticas en loita que ten a cidadanía de Ferrolterra.

Relacionados