Esquerda Unida manda unha aperta fraterna e revolucionaria ao pobo cubano

As mulleres e homes que conformamos Esquerda Unida recibimos esta mañá con profunda tristeza a morte do líder da Revolución Cubana, Fidel Castro Ruz.

O seu compromiso e a súa loita inquebrantables pola soberanía e benestar social do pobo cubano, xunto á súa firme determinación cos valores de igualdade, xustiza social, liberdade e dignidade que representa o socialismo fixeron de Fidel un exemplo revolucionario para todas e todos nós.

O Comandante Fidel Castro non só traballou de forma incansable por desterrar de Cuba a desigualdade, o analfabetismo e a pobreza, senón que se converteu en todo un exemplo de defensa do internacionalismo, a solidariedade e a cooperación entre os pobos, así como de loita contra o imperialismo.

Dende Esquerda Unida mandamos unha aperta fraterna e revolucionaria ao pobo cubano e a todas as persoas que hoxe lamentan a súa perda.

Ata sempre, comandante Fidel

Relacionados