O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que o caos circulatorio que produzo o concerto de rapaces no Palacio da Opera ven a demostrar a urxente necesidade dunha actuación integral en mobilidade, debido ao caos de tráfico e mobilidade no que esta inmersa a nosa cidade.
Esquerda Unida esixe o desenvolvemento dun Plan Integral de Mobilidade Universal e Sostible (PIMUS) que resolva os grandes problemas de tráfico existentes na cidade. O devandito PIMUS debese elaborar mediante participación cidadá, coa participación do movemento veciñal, dos colexios técnicos como o de arquitectos e o de enxeñeiros, dos expertos en mobilidade, dos movementos ecoloxistas e das distintas forzas políticas coruñesas.
Esquerda Unida – Os Verdes conscientes do déficit en mobilidade da nosa cidade leva tempo traballando o tema e pon enriba da mesa as seguintes propostas:
– Creación de aparcadoiros disuasorios gratuítos nas entradas da cidade conectados mediante transporte público en carril bus para evitar a entrada de miles de vehículos
– Implantación do billete único progresivo diario que permita a utilización universal do transporte público. Pago do billete no primeiro viaxe e so o 10% en cada transbordo
– Creación de liñas concéntricas que permitan a mobilidade entre barrios
– Substituír a rede de tranvías turísticos por unha moderna para facela operativa
– Implantación de amplas redes de carril bus e carril bici en consenso coa veciñanza
– Ampliación do servizo de aluguer de bicicletas a todos os barrios. Asemade incorporar en cada punto de aluguer un aparcadoiro para bicicletas e outro para motocicletas
– Canalización da circulación polas rúas principais de cada barrio, prohibindo o tránsito nas rúas interiores salvo para residentes, transporte público e carga e descarga
– Loitar contra a dobre fila
– Acordos supramunicipais para coordinar e mellorar o transporte metropolitano e recuperar o tren de proximidade
O veceiro de EU-Vv, César Santiso, indicou que “o problema de mobilidade na Coruña so se soluciona con vontade e valentía política. En esquerda unida a temos, tena o goberno municipal?, porque non cabe dúbida que A execución do PIMUS, acabaría cos problemas de mobilidade na cidade, ao reducir o tráfico e, xa que logo, melloraría a calidade de vida, reduciríase a pegada ecolóxica e as emisións de CO2, principal gas causante do efecto invernadoiro e o quecemento global, ao tempo de converter A Coruña nunha cidade menos dependente do petróleo, fonte de enerxía que se está a esgotar.