2.- Incrementar o número de persoas contratadas polo concello para atención a dependencia.
3.- Iniciar os contactos para establecer un convenio cunha entidade prestadora de servicios sociais sen fin de lucro para que poidan atender a dependentes recoñecidos que agora non teñen o servicio.
Estas tres líneas de actuación combinadas poden paliar o déficit de horas que prestamos na actualidade ós dependentes con PIA recoñecido , cifradas segundo o último informe en 1.434 horas/mes.
Entendemos dende EU que o que non podemos facer é quedarnos cruzados de mans sin intentar buscar solución ós problemas que teñen as persoas dependentes, como está a facer o grupo de goberno escudándose en que a Xunta de Galicia non faí a aportación necesaria.