Atraso do inicio das clases no Montel Touzet

 

A decisión final que tomou a Consellería de Educación supón atrasar as clases ata o vindeiro día 13 e trasladar aos alumnos ao CEIP Curros Enríquez mentres ata que as obras rematen sobre o mes de novembro. A Xunta decidiu dividir o colexio Curros Enríquez en dúas partes para que cada CEIP desenvolva a súa actividade por separado. A devandita decisión, aínda que a xuízo do Consello Comarcal de EU Coruña é acertada ao axustarse a legalidade vixente e as demandas da AMPA do Montel Touzet, supón un grave trastorno para as comunidades educativas de ambos colexios e un gasto inútil, pois de facerse ben as cousas non nos atoparíamos ante esta desagradábel situación.  

 

Esquerda Unida lamenta que esta nova descoordinación entre a administración coruñesa e a autonómica este a causar graves trastornos a rapaces, pais, nais e resto da comunidade educativa do Montel Touzet. Os alumnos perden clases e tense que acostumar a un novo entorno, os profesores teñen que modificar o seu posto de traballo con todo o que supón, a Xunta ten que investir economicamente para adecuar o CEIP Curros Enríquez e os pais e nais, que son os que levan a peor parte, ten que facer malabares para poder conciliar a súa vida laboral, familiar e persoal.

 

O Consello Comarcal da Coruña considera que o atraso nas obras do colexio Montel Touzet débese unha nova eiva na xestión municipal do Goberno coruñés. Xa que, segundo informa a Xunta de Galicia, está solicitou a licencia de obras no mes de abril, e o concello coruñés nunha nova mostra de ineficacia e absoluto desprezo pola cidadanía coruñesa tardou máis de dous meses en conceder o devandito permiso, así pois as obras no comezaron ata a segunda metade de xullo.

 

A Xunta de Galicia tampouco está libre de culpa, pois unha obra de esta envergadura, na que substitúe a cuberta, a estrutura que a sostén e os falsos teitos, require maior planificación e solicitar os permisos con moita máis antelación. Ademais, a Xunta amosou unha absoluta falta de comunicación cos pais e nais afectados como denunciou en días pasados o presidente da AMPA.

Relacionados