ferrol.gif - 5.79 Kb

Auditorio novo de Caranza

 

O Partido Popular que goberna na Xunta amosa desta maneira, e unha vez máis, o escaso aprezo e atención que ten para coa nosa cidadanía e as súas necesidades.  Valga como outro dos exemplos do seu clamoroso desprezo aos compromisos, a falla de desenvolvemento da meirande parte dos equipamentos sociais asinados en abril de 2008, comezando pola escola infantil no barrio de Esteiro e seguindo polo centro de día e local social de Canido.

 

O certo é que tras varios aprazamentos e atrasos na conclusión desta infraestrutura cultural, Esquerda Unida considera unha burla  que agora se nos formule o compartir os gastos para o seu remate, circunstancia que non deixa de pór en evidencia a falla de compromiso do goberno Feijóo para coa nosa cidade. Auditorio que parte xa cunha eiva certa: a capacidade minúscula do seu aparcadoiro en relación co aforo do centro.

 

Os últimos avisos sobre a apertura do novo auditorio, cando restan importantes  eivas sen resolver, comezando pola instalación da equipamento técnico, semella ter que ver coas presas derivadas das vindeiras eleccións, nas que cos trocos nas normas electorais non se van permitir as inauguracións. Esquerda Unida  considera unha vergoña inaugurar un espazo que aínda non está rematado. Consideramos que a Xunta ten que rectificar para asumir o custo total do equipamento técnico e da súa instalación, para unha vez concluído a integridade do edificio proceder a súa inauguración.

 

Tamén reclamamos do Goberno Municipal unha actitude outra de firmeza para non aceptar as imposicións da Consellaría e non recepcionar a instalación namentras non se remate por completo.

 

Esquerda Unida ten a certeza de que as cousas hainas que facer ben, cumprindo os prazos e os compromisos,  sen presas interesadas que descobren intereses alleos aos da nosa cidadanía e, xa que logo, intereses aos que Esquerda Unida se vai a opoñer.

Relacionados