Asemade, leremos o manifesto da auga e informaremos a cidadanía sobre as consecuencias que a privatización da auga ten para todos os lucenses. Porque a auga é de todos e de todas, animamos a todos os veciños e veciñas a participar no día en defensa dun ben público prezado e esencial para todo o mundo co que non se debe especular.
Esquerda Unida organiza o Día Mundial da Auga en Lugo participando na campaña internacional “WATER WORLD DAY” (Dia internacional da auga) promovida pola ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS PARA A ALIMENTACIÓN E A AGRICULTURA (FAO). Xunto con outras case 700 vilas e cidades de todo o mundo, as veciñas e veciños de Lugo poderán participar este xoves 22 de marzo as 17:00 horas na rúa da Raíña nas actividades previstas, entre as que se procederá a elaboración dun cartel xigante e a lectura do “Manifesto pola Auga”, entre outros.
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou o 22 de decembro de 1993 a resolución A/RES/47/193 pola que o 22 de marzo de cada ano foi declarado Día Mundial da Auga, a celebrar a partir desa data, en conformidade coas recomendacións da Conferencia da Nacións Unidas sobre Medio e Desenvolvemento contidas no Capítulo 18 da Axenda 21. Invítase dende entón a todos os países e cidades á celebración de actividades para fomento da conciencia publica a través da producción e difusión de documentais e a organización de conferencias, mesas redondas, seminarios e exposicións relacionadas coa conservación e desenvolvemento dos recursos hídricos así como coa posta en práctica das recomendacións da Axenda 21.
Entre as principias recomendacións contidas no referido documento destacan as indicadas no apartado 18.50. B na que se establecen como actuacións prioritarias:
– Mellorar o funcionamento das administracións públicas na ordenación dos recursos hídricos, e ao mesmo tempo, recoñecer plenamente o papel das autoridades locais.
– Fomentar o aproveitamento e a ordenación da auga baseados na participación, de maneira que interveñan os usuarios, os planificadores e os encargados da formulación de políticas a todos os niveis.
– Aplicar o principio de que as decisións deben adoptarse ao nivel máis baixo que resulte apropiado, consultando o público e coa participación dos usuarios na planificación e a execución de proxectos relacionados coa auga.
Estas recomendacións están moi lonxe de ser tidas en conta no noso Concello, de feito dende Esquerda Unida vimos denunciando o pacto de goberno polo que PSOE e BNG acordaron a privatización do servicio de auga. Iniciamos unha campaña de recollida de firmas para deter unha decisión política tomada as costas dos intereses da cidadanía, unha vez que se teñen invertido grandes cantidades de diñeiro público na mellora das instalacións do ciclo da auga, incluíndo a construcción dunha nova depuradora.
Advertimos que a decisión de por en mans privadas este ben universal, supón un notable encarecemento do recibo da auga e animamos a todos os veciños e veciñas, colectivos e asociacións a participar na campaña de sinaturas iniciada para deter este proceso.