Mentres se procedía a retirada, as praias aparecían cheas de xente debido o tempo anticiclónico imperante nesas datas e que se esperaba durase varios días mais, como así sucedeu.
Neste sentido o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a retirada do dispositivo de seguridade nas praias coruñesas en plena ola de calor constitúe unha temeridade e a constatación da rixidez e falta de reflexos do Goberno do PP”.
En Esquerda Unida – Os Verdes estamos a observar que dende fai varios anos a temporada de verán programada polo Concello coincide cada vez menos co verán climatolóxico, debido os efectos do cambio climático que se está a producir no planeta.
Esquerda Unida propón aumentar un mes ao principio e outro ao final a tempada de praias para axustala a nova realidade climática.
Así, en relación con estes feitos denunciados e a proposta anteriormente citada, o grupo municipal de EU-V preguntará no seguinte pleno si o Goberno Municipal ten en conta as consecuencias do cambio climático en relación a programación turística da cidade. Concretamente:
“Ten previsto o Goberno Municipal estudar as consecuencias que os efectos do cambio climático está a ter para a nosa cidade, e concretamente de cara a programar unha oferta turística máis acorde coa nova climatoloxía local, concretamente de cara a dotar as zonas de baño das praias urbanas dos medios de protección e socorro necesarios para o goce seguro das mesmas por parte da veciñanza e do turismo durante toda a temporada na que a temperatura permite o baño e non soamente durante parte da mesma?”.