Avda. Glasgow

 

Así, si da I Asemblea xurdiron 14 preguntas escritas, unha pregunta oral e unha moción, nesta ocasión emanaron da II Asemblea 17 novas iniciativas, o que amosa o alto grado de participación da veciñanza ilusionada por poder levar ao Pleno do Concello as súas demandas.

 

Esquerda Unida esixe ao goberno municipal o acondicionamento do cruce das Avdas. de San Cristovo con Glasgow no Birloque porque os semáforos non dan tempo suficiente para que os peóns poidan cruzar sen risco de atropelos e as beirarrúas desta zona atópanse en malas condición polas obras da 3ª Rolda. Problemas que se repiten nas zonas adxacentes.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará ao goberno municipal si ten pensado mellorar as beirarrúas e a regulación dos semáforos para que os peóns poidan circular sen riscos de accidentes.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou: “moita xente pídenos que actuemos no seu barrio e quéixanse de que centramos a nosa actuación no Birloque, rógolles un pouco de paciencia, so temos un concelleiro e moita labor por diante, a nosa forma de traballar e desenvolver todas as iniciativas que emanan de cada Asemblea de Barrio, antes de pasar ao seguinte barrio, o vindeiro mes actuaremos noutra zona necesitada”.

Relacionados