Avelino Pousa Antelo

Nos seus 98 anos de vida está a historia viva da nosa terra, desde os tempos da II República e a defensa do Estatuto de Autonomía de Galicia do 36 até o seu infatigable labor ético de non permitir que a folla da amnésica transición pasase pola memoria da nosa terra levándose por diante todo o que nos dá fundamento como pobo.

A executiva nacional de Esquerda Unida destaca o compromiso que o Presidente da Fundación Castelao sempre tivo con Galicia. O Presidente da Fundación Castelao sempre destacou polo seu compromiso por Galicia en múltiples eidos entre os que podemos destacar o seu modelo de escola rural, e a enorme pegada súa no tocante ao cooperativismo agrario. Esa ética e ese compromiso son a máis firme herdanza dun intelectual imprescindible para o galeguismo e que deixa Galicia máis orfa de referentes.

Yolanda Díaz coordinadora e candidata á Xunta de Galicia manifesta que “hoxe, cando os gobernadores públicos de Galicia levan á nosa terra ao baleiro e ao menosprezo dos seus trazos lingüísticos e culturais, os principios éticos de Avelino Pousa Antelo sinalan moi ben para as presentes e futuras xeracións por onde transita a defensa do noso en tanto que pobo”.

 

 

Relacionados