Axencia municipal de aluguer

 

Na Constitución, no seu artigo 47, conságrase o dereito que teñen tódalas persoas a disfrutar dunha vivenda digna e adecuada, polo que as distintas Administracións Públicas deben realizar e desenvolver políticas activas que fagan efectivo este dereito, que non se pode considerar unha mera declaración, senón que dende as Institucións Públicas se deben poñer as condicións para converter en realidade dito dereito, que non se esgota en facilitar o acceso a unha vivenda en propiedade, senón que esta protección debe garantir o uso e disfrute, con independencia do título xurídico que o fundamente.

 

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que a Administración Municipal, se ten a vontade política para facelo, pode incentivar a posta a disposición da cidadanía de vivendas en aluguer a prezos razoables mediante a creación dunha Axencia Pública de Aluguer de carácter municipal.

 

Isto permitiría o acceso á vivenda a moitos colectivos sociais excluídos polos elevados prezos das vivendas en aluguer, que se poderían fixar de conformidade ós ingresos familiares dos arrendatarios.

 

Esta axencia encargaríase da xestión de vivendas para que estas sexan ofrecidas en réxime de aluguer a prezos razoables para o peto da xente xove, traballadores e traballadoras da cidade, dando prioridade ós sectores sociais máis desfavorecidos, como xóvenes con fillos, rendas baixas…

 

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

 

ACORDOS

 

Primeiro.- Que o Concello adopte as medidas oportunas para a creación dunha Axencia Pública de Aluguer, co obxectivo de incentivar a posta a disposición da cidadanía de vivendas en aluguer social.

 

Relacionados