O Coordinador Xeral desenvolvera unha ampla axenda de actividades públicas na nosa cidade. O mediodía desa xornada desenvolverá unha visita de traballo a antiga Bazán, estaleiro publico sobre o que a nosa organización presentou unha batería de emendas aos orzamentos xerais do Estado por importe de 150 millóns de euros para a cubrición do dique e a dotación dun novo. A falta de novos pedidos e os riscos para o mantemento da plantilla se atopan entre as cuestións que o Coordinador Xeral abordará na súa visita á factoría.
A última hora da mañá, será recibido pola alcaldía da cidade nun acto aos que serán convidados os representantes dos Grupos Municipais.
Cayo Lara terá un xantar de confraternidade con simpatizantes e aberto á cidadanía no restaurante Illas Gabeiras. Xantar o que convidamos a asistir a aqueles persoas que estean interesadas poñéndose en contacto coa nosa organización.
Como remate á xornada de traballo, Cayo Lara intervirá no ciclo de conferencias organizado polo Club de Campo, ás nove da noite, cunha ponencia encol dunha saída de esquerdas á crise.