Axilización trámites burocráticos

Esquerda Unida propón a xanela única para facilitar a actividade empresarial e promover a creación de emprego. A día de hoxe, cos avances nas TIC e concretamente da administración electrónica, con vontade política o Concello pode dotarse de oficinas dun só trámite que faciliten as tarefas burocráticas ás que os emprendedores se teñen que enfrontar. Se o concello non é capaz de xestionar eficientemente os trámites para abrir un novo negocio ou conseguir unha licenza, estes trámites, xunto coas dificultades para acceder ao crédito, terminarán por desmotivar aos emprendedores.

Para favorecer esta situación, o grupo municipal de EU-V insta ao Goberno Local a axilizar convenios de colaboración con outras administracións para reducir o número de trámites, reducindo así o tempo necesario para abrir un negocio en condicións na Coruña. As economías avanzadas tenden a ofrecer á cidadanía oficinas de “un só trámite” nas que se unifiquen todas as accións necesarias para abrir un negocio ou conseguir un permiso ou licenza.

Neste sentido, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a reactivación económica debe ser promovida a través dunha maior fluidez nos trámites administrativos. Si se afoga burocraticamente aos emprendedores, estes deixarán de probar sorte no noso concello e marcharán a outra parte”.

Relacionados