Axudar a facer negocio

Hoxe se viu en comisión informativa este convenio, que quedou aparcado para a vindeira semana. Esquerda Unida amosou a súa negativa as pretensións do acordo.

Abondan as razóns e mesmo as sentenzas xudiciais contra a instalación de gas de Reganosa como para que o concello se converta en cómplice deste entramado de intereses económicos privados autorizando unha instalación que somentes serve a intereses privados, que poñen en risco a seguridade e vida da nosa veciñanza outrosí da riqueza da nosa ría.

O castelo de San Felipe enunciouse como un dos dos compromisos de Feijóo coa nosa cidade, e agora no borde da campaña electoral queda reducido a mero faro para alumear inconfesables intereses privados. Defrauda unha vez máis o PP a súa palabra e os os intereses que temos como cidadanía crítica.

Esquerda Unida vaise opoñer a esta pretensión que conta co cebo dunha partida de 2.000 euros anuais que aboaría a Autoridade Portuaria ao concello. Esquerda Unida dille a Autoridade Portuaria que se quere colaborar coa cidadanía de Ferrol sexa esixente e non cómplice coa aventura empresarial de Reganosa.

 

Relacionados