No curso 2009-2010 as axudas para a escolarización se pagaron en decembro, tras a paralise que sufreu o ditame por unanimidade da comisión de asuntos sociais por parte da Alcaldía, que non quería asinar a resolución concedendo as axudas.
Agora para o curso 2010-2011 o goberno municipal, dando mostra unha vez máis da súa paralise e falta de traballo aínda non conquireu aprobar as bases que rexirán a convocatoria.
Este retraso o que vaí a provocar, por segundo ano consecutivo é un perxuicio ás familias con menos recursos económicos que non serán coñecedoras da concesión ou non da axuda ata que o curso escolar este iniciado.
Dende o GM de EU-IU demandamos do goberno municipal que salga desta paralise que afecta moi negativamente ós intereses dos/as veciñas/os de Mugardos e inicie con urxencia os trámites necesarios para que as familias poidan acollerse á convocatoria das axudas para a escolarización.
Unha prioridade, e máis nestes momentos de crise económica son as políticas sociais, de axuda ás familias que teñen menos recursos e nunha área tan importante como as axudas á escolarización.Pois, ben o goberno municipal non o debe entender así cando a día de hoxe, e cando tódolos concellos xa teñen o prazo de solicitude aberto, o grupo de goberno de Mugardos nin tan siquera ten aprobado as bases que rexirán a convocatoria.