Axudas á lingua galega

 

Hoxe publícase no DOGA a mala nova (publícase hoxe a Orde de 7 de setembro que cancela a de 4 de marzo), o que supón privar ao noso concello das axudas que se viñan recibindo todos os anos, incluso no tempo de  goberno de Manuel Fraga. O ataque dista de ser menor, poque a contía total das subvencións que se perden acadan unha contía inicial máxima de 420.000 euros.

 

Preguntámonos que vai facer o Goberno Municipal para enfrontar esta nova agresión, porque queremos confiar en que o Goberno Municipal vai reaccionar de inmediato na defensa duns fondos necesarios;  e xa adiantamos que formularemos en comisión e Pleno  a demanda de que se reclame unha rectificación  por parte da Consellaría de Educación, asemade de que de xeito subsidiario o Goberno Municipal asuma sufragar a partida deste exercicio, que se pedira dende o Departamento de Normalización Lingüística do noso concello.

 

O exercicio pasado este concello recibiu para o mantemento do servizo lingüístico 11.016,65 euros, cantidade que non semella desorbitada, se acaso pequena, e que por suposto este concello ten a capacidade de atender. Agora ben, nós reclamamos unha reclamación  belixerante para que a Xunta rectifique.

 

Semella intolerable a dinámica de agresións e recortes coas que a Consellaría de Educación vai inaugurar o curso escolar, ataques que se estenden dende o menoscabo do  carácter público ate o pulo ás políticas que alentan o uso da lingua oficial de Galicia.

Relacionados