RED MADRE, entidade antiabortista, sen arraigo na cidade nen programas desenvolvidos que avalen a entrega de 1.000 euros, non consta no rexistro de entidades que ten o concello.
Yolanda Díaz considera un escándalo a concesión dunha axuda pública a unha entidade fantasma e que sostén unha lectura do rol e dereitos das mulleres contraria a legalidade democrática. Rede Madre incardínase na estratexia de guerras culturais que alenta o PP para confrontar coas políticas públicas a prol da igualdade e as demandas do plural movemento feminista. Negan os dereitos e pechan as portas aos procesos de empoderamento social, indispensables para acadar unha igualdade real e efectiva. Yolanda Díaz pídelle ao Goberno Municipal cordura democrática para rectificar un acordo lesivo para as mulleres e a cidadanía en xeral.
Esquerda Unida demanda do Goberno Municipal que adique ate o último euro para axudar as entidades sociais que si teñen raiceiras na cidade e contan co aval de sólidos programas e iniciativas que benefician a nosa cidadanía, non a buques pantasmas que queren anular os avances conquistados polas mulleres.