Axudas para pasar a ITE

EU considera que esta normativa técnica ten un custe elevado as veces moi difícil de afrontar para moitas familias polo que a información sobre a existencia de axudas económicas debería aparecer suliñada na carta que dende a oficina da ITE está chegando estes días a moitas casas.

Para o coordenador local de EU Rubén Pérez a ordenanza relativa á inspección periódica das edificacións para determinar o seu estado de conservación non está suficientemente explicada á cidadanía e sobre todo na parte relativa a posibilidade de obter axudas para pasala. Lembra que o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, con data 28 de setembro, aparece publicada á convocatoria de axudas á familias con menos recursos para pasar a devandita ITE e que esta convocatoria remata o 28 de decembro polo que anima á cidadanía viguesa a solicitar estas axudas que curiosamente “nin se mencionan na carta que dende a oficina do ITE está chegando ás vivendas construídas en 1981.

EU considera que este derradeiro tramo do ITE (vivendas feitas en 1981) supón realizar a inspección sobre moitas vivendas unifamiliares construídas nas parroquias onde o desemprego está sendo estes días especialmente virulento. O modelo para solicitar ás axudas está dispoñible na web do Concello de Vigo no link: http://hoxe.vigo.org/pdf/urbanismo/modelo_solicitude_2012.pdf

EU esixe que esta líña de axudas ten que estar perfectamente visible na notificación que chega aos veciños e veciñas que en numerosas ocasións descoñecen a existencia das mesmas.

 

Relacionados