Baixas de Recibos de impostos e taxas municipais

 

Dende o ano 1996 e ata o ano 2005  ambos inclusive,se deixaron de cobrar taxas e impostos municipais por valor de 202.855,16€.

A posibilidade de cobro de impagados prescribe ós catro anos dende o día en que o dereito pudo exercitarse.Polo tanto, cada día que pasa hai dereitos recoñecidos que xa non poden ser cobrados.

As referencias que temos é que nos anos 2006 e 2007 se deixaron de cobrar impostos e taxas por valor de 33.630,21€.Facendo unha extrapolación poderíamos estar falando de entorno ós: 70.000€ que o concello non cobrou.

É unha obriga de tódolos veciños/as pagar os seus impostos e taxas, é tamén é unha obriga do goberno municipal facer todo o que permite a lei para poder cobrar a tódolos vecinos.Así evitaríamos que os listos do lugar non paguen mentras a maioría dos seus vecinos si o fan.

Na comisión especial de contas, celebrada faí uns días se procedeu a dar de baixa os 202.855,16€ correspondentes ós anos comprendidos entre o 1996 e 2005 porque xa prescribirán.

Polo tanto, facemos un chamamento á responsabilidade do grupo de goberno, que parecía non telo moi claro na comisión, para que actúe conforme á lei e inicie a notificación das debedas ós seus responsables para que estas non prescriban, unha vez transcorridos os catro anos. E así igualar o trato recibido por tódolos veciños, e máis nun época de crise donde a maioría das debedas contraídas co concello se agrupan  no Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica, no Imposto de Bens Inmobles e no Imposto de Actividades Económicas.

Mugardos, 18 de outubro de 2010

 

Portavoz do GM de EU

 

Asdo. Pilar Díaz Otero

Relacionados