Sen embargo o propio interventor do concello desmentiu as declaración do Concelleiro de Facenda que afirmaba un superávit de 8 millóns, ao figurar no seu informe de estabilidade orzamentaria 668.000 euros de déficit e unha diminución drástica do aforro neto, que pasou dos 16,83 millóns aos 4,28.
Esquerda Unida destaca o baixo índice de recadación realizada en 2012 como evidencia de que o goberno municipal é incapaz de xestionar con eficiencia o Concello. Sobre a previsión de licencias de apertura recadouse un 58% do estimado, sobre o IRF estimado a recadación foi dun 17% menos e un 14% menos por actividades económicas.
O grupo municipal EU-V sinala que o PP realiza gastos ineficientes que dan un escaso retorno socio-económico á cidadanía mentres trata de transmitir a falsa ilusión de boa xestión. O baixo índice de execución e o incremento do déficit son sintomáticos da inoperancia do PP para xestionar correctamente o Concello e dar demanda ás necesidades da maioría social coruñesa. Con todo, o peor de todo é que o investimento do Concello non estivo ao servizo da veciñanza, senón das grandes empresas e tampouco serviu para resolver os problemas prioritarios da cidadanía, como a xeración de emprego ou como a reactivación económica local.
O voceiro de EU-V, César Santiso, denunciou que “ningunha das previsións de actividade económica do Concello cumpriuse pero irresponsablemente manteñen en 2013 a mesma actuación política”.
EU, ao igual que nos orzamentos e nos modificativos, non presenta reclamacións sobre a conta xeral porque a normativa so admite as que son de carácter técnico-legal, non as políticas. Neste sentido o documento reflicte a realidade contable municipal, e nada temos que criticar do traballo técnico contable dos empregados públicos do concello. Outra cousa ben distinta é a nosa valoración política dos datos que iremos comunicando, con maior precisión, a partires da aprobación definitiva da conta.