Balance concelleiros de barrio

Así o Concello anunciou que nos 10 primeiros meses de Goberno desenvolvéronse 600 reunións entre AA.VV. cidadáns e colectivos da Coruña.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera paupérrimo o balance en canto a participación cidadá, onde queda patente que cada concelleiro de barrio fai menos dunha visita diaria, como o demostra a simple análise aritmética: 600 xuntanzas entre os tres concelleiros significa que cada concelleiro desenvolveu 200 xuntanzas en 10 meses e dicir 20 ao mes. Datos semellantes ao traballo desenvolvido por EU-V con un só concelleiro sen dedicación exclusiva que ademais ten que atender toda a actividade municipal.

 

Por outra banda o Goberno municipal, logo de case un ano de Goberno, amosou o protocolo de traballo onde os concelleiros de barrio divídense a cidade por zonas xeográficas, a diferenza do acontecido nestes meses pasados onde cada concelleiro actuaba indistintamente e de maneira anárquica por toda a cidade. O que ven a indicar que as modificacións do funcionamento dos concelleiros de barrio avalan as deficiencias denunciadas por Esquerda Unida, como o sistema clientelista definido polo PP no que pretende que os concelleiros de barrio sexan conseguidores de favores en lugar de ser outorgadores de dereitos á cidadanía, o tapón burocrático que supón esta estrutura que ralentiza e complica a iteración da veciñanza co Concello, o trato desigual entre as distintas AAVV. segundo a maior o menor afinidade política (AAVV. como a do Castrillón, Monte Alto, Birloque ou os Castros están a denunciar falta de atención e comunicación por parte do Concello), ou a nula vontade política de activar o regulamento de participación cidadá, tanto do anterior goberno bipartito como do actual goberno do PP, regulamento que foi redactado por imperativo legal, ao abeiro da Lei das grandes cidades, pero que nunca se tivo intención algunha de executalo. 

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “si o Goberno municipal non promove a participación cidadá seremos nós os que o fagamos, así este venres as 20:00 h. no local da AVV. Os Anxos desenvolveremos unha Asemblea de Barrio no Birloque. Na que daremos conta das iniciativas desenvolvidas polo noso grupo municipal en relación coas propostas emanadas da I Asemblea de barrio, segundo consensuaron os veciños e veciñas.

 

Relacionados