Balance concellerías de barrio

 

Esquerda unida afirma que si os anteriores gobernos municipais suspendían en canto a participación cidadá a nota do goberno do PP é un moi deficiente. Non so mantense a desigualdade de trato entre barrios e o incumprimento do regulamento de participación cidadá dos anteriores gobernos que obvian unha normativa redactada por imperativo legal, ao abeiro da Lei das grandes cidades, pero que nunca se tivo intención algunha de executalo, pis incomódalles ao empoderar á cidadanía, senón que diminúe a comunicación coa veciñanza, mentres tece unha rede clientelista que pretende vender favores a cidadanía de xeito individual en lugar de outorgar dereitos colectivos, co fin de obter réditos electoralistas.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera paupérrimo o balance en canto a participación cidadá, onde queda patente que cada concelleiro de barrio fai menos dunha visita diaria, como o demostra a simple análise aritmética: 800 xuntanzas entre os tres concelleiros significa que cada concelleiro desenvolveu 267 xuntanzas en 12 meses e dicir 22 ao mes. Datos semellantes ao traballo desenvolvido por EU-V con un só concelleiro sen dedicación exclusiva que ademais ten que atender toda a actividade municipal.

 

Unhas concellerías que está a actuar de tapón burocrático ao ralentizar e complicar a iteración da veciñanza co Concello. Asemade o Goberno municipal afonda no trato desigual entre asociacións veciñais segundo a súa afinidade política, como está a denunciar a veciñanza do Castrillón, O Birloque, Monte Alto, Os Castros ou Ventorrillo.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o baixo grado de calidade democrática do Concello queda patente cando ten que ser Esquerda Unida, o grupo municipal minoritario, quen achegue as demandas da veciñanza a María Pita a través de asembleas de barrio”.

 

César Santiso comentou que a afirmación feita pola concelleira Susana Pazos indicando que conseguiron que na cidade non existan barrios de primeira e barrios de segunda, amosa un claro descoñecemento da realidade coruñesa, “si pateasen a rúa de verdade, como facemos nos, observarían a enorme diferenza en canto a infraestruturas e mantemento entre os barrios do centro e os barrios periféricos, claramente esquecidos tanto por este como por anteriores gobernos municipais.

 

Relacionados