Balance do concello de Nigrán

Respecto ao balance destes dous anos informarase dos incumprimentos das promesas electorais do Partido Popular,‭ ‬as subidas de impostos e os recortes sociais que se levaron no concello.‭ ‬Ademáis,‭ ‬Esquerda Unida presentará un estudo sobre transparencia,‭ ‬empregando os índices definidos pola organización Transparencia Internacional que se aplicaron aos‭ ‬110‭ ‬maiores concellos de España.‭ ‬Como resultado deste estudo Nigrán obtén unha nota de‭ ‬1.7‭ ‬puntos sobre‭ ‬10.
Esquerda Unida tamén presentará un balance da súa xestión como oposición nestes dous anos,‭ ‬nos que presentou numerosas propostas e denuncias públicas tanto de actuacións do concello como da Xunta de Galicia que afectan ao concello de Nigrán.
Respecto ao PXOM Esquerda Unida informará entre outros aspectos da previsión de utilización de zonas verdes como aparcamentos,‭ ‬a escasa centralidade dos equipamentos dotacionais,‭ ‬as taxas e impostos que van a ter que facer fronte os veciños de Nigrán en canto se aprobe o plan así como da
documentación sobre a vía de altas prestacións que está prevista no PXOM e data de previsión da súa realización.

 

Relacionados