Balanzo concelleiras

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera lamentable observar como as concellerías de barrio limitan o seu traballo a sacar unha foto ao día en lugar de atender as necesidades da veciñanza. Así queda patente nun mero cálculo aritmético: 1045 xestións entre as tres concelleiras significa que cada unha delas desenvolveu 348 xuntanzas ao ano, menos dunha diaria, reducindo a súa labor a pasear polos barrios, sacarse fotos e marear papeis actuando de tapón burocrático ao ralentizar e complicar a iteración da veciñanza co Concello.

Esquerda Unida denuncia a xestión sectaria, caciquil, amiguista e publicitaria que fai o PP da participación cidadá. Non so mantense a desigualdade de trato entre barrios e o incumprimento do regulamento de participación cidadá dos anteriores gobernos que obvian unha normativa redactada por imperativo legal, ao abeiro da Lei das grandes cidades, pero que nunca se tivo intención algunha de executalo, pois incomódalles empoderar á cidadanía, senón que diminúe a comunicación coa veciñanza, mentres tece unha rede clientelista que pretende vender favores a cidadanía de xeito individual en lugar de outorgar dereitos colectivos, co fin de obter réditos electoralistas.

EU afirma que si os anteriores gobernos municipais suspendían en canto a participación cidadá a nota do goberno do PP é un moi deficiente, ao afondar no trato desigual entre asociacións veciñais segundo a súa afinidade política, como está a denunciar a veciñanza do Castrillón, O Birloque, Monte Alto, Os Castros, As roseiras…

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o baixo grado de calidade democrática do concello queda patente cando a veciñanza busca amparo na oposición diante do esquecemento do goberno municipal”.

Relacionados