Deseñemos a nosa banca pública

Esquerda Unida vén de presentar a campaña en defensa dunha banca pública e en contra da venda á banca privada de NGBanco.

A inversión de máis de 9 millóns de euros públicos en “salvar” a unha entidade estafadora como é NGBanco non pode quedar a mercede do que o capital ordene.

Esquerda Unida inciará unha campaña na rúa na que informará á cidadanía das consecuencias do expolio que se está a producir coa previsible venta desta entidade financeira a entidades privadas, así como tamén informará das alternativas que propón esta organización de cara ao desenvolvemento doutro modelo financiero.

Rubén Pérez secretario de organización, manifesta que “Esquerda Unida aposta pola constitución dunha banca pública galega asentada nos principios da banca ética, precisamos unha banca que garanta que os cartos públicos sirvan aos intereses xerais do noso pobo, que dinamicen a economía produtiva e que apoie as iniciativas públicas creadoras de emprego, unha banca pública que non especule”.

A coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicevoceira parlamentaria de AGE, Yolanda Díaz, afirma “que a nacionalización da banca galega é posible, razoable e de xustiza social, daremos a batalla na rúa e tamén nas institucións para evitar que o expolio sexa irreversible”

Por todo isto, Esquerda Unida esixe que os máis de 9 millóns de euros públicos invertidos na entidade NGBanco, sexan a base para creación desta Banca Pública e que non sexan un agasallo para concentración de capital en mans de entidades financeiras depredadoras que agardan facer o negocio co beneplácito do goberno  ultraliberal e os impostos da clase traballadora.

Relacionados