Mentres, o Goberno do PP segue a mirar para outro lado sen aplicar medidas que reactiven a economía, motivo polo cal Esquerda Unida insta ao Goberno municipal a desenvolver un plan de emprego e desenvolvemento económico local.
Unha das liñas de actuación debería encamiñarse a asegurar a soberanía alimentaria coruñesa, así o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes propón que o Concello coruñés lidere un plan comarcal para reactivar a agricultura na bisbarra e permitir así un traballo digno a moitas persoas desempregadas. O devandito plan tería como misión principal habilitar un banco de terras e favorecer a creación de cooperativas de persoas desempregadas cuxa actividade sexa a agricultura ecolóxica, as cales recibirían soporte técnico e formación para desenvolver unha agricultura menos dependente do petróleo, así como artellar redes alternativas de distribución e comercialización que aseguren un prezo digno tanto para consumidores finais como para labregos e labregas, asemade de desenvolver convenios con productores, cooperativas agrarias e donos de fincas da bisbarra.
En definitiva preténdese recuperar a riqueza agraria do campo galego que na actualidade atopase infrautilizado, para xerar emprego e asegurar a soberanía alimentaria da poboación.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “é unha magoa que a haxa xente que pasa fame e sufre a impotencia de non poder traballar, cando a meirande parte das fincas da bisbarra coruñesa atópanse improdutivas”.
“Os poderes públicos poden e deben reverter esta situación, a xente non quere que se lles dea unha limosna, senón que queren traballar”, sentenciou César Santiso.