banqueiro.gif - 27.84 Kb

Banquerización das Caixas

 

 

Lamentablemente temos de novo razón, e outra vez constatamos como a a opción polo “mal menor” de parte do movimento sindical á hora de acometer os ataques do capital e da patronal só anticipa unha derrota para os intereses dos empregados do sector bancario e crediticio e para o conxunto da poboación traballadora. Certamente, como tamén xá dixemos, as caixas de aforro non cumplían as funcións que históricamente tiñan de captar aforro social para investir e conceder préstamos a xuro baixo nun ámbito de actuación local delimitiado, permitindo o desenvolvimento de economía productiva e de inciciativas ligadas a servicios sociáis, vivenda etc… As caixas incumplen descaradamente esa función que lles impuña a propia Ley Orgánica de Réximen de Caixas de Aforro, coa complicidade e  mesmo o impulso da maioría dos  membros  dos seus consellos de administración en representación de Autonomías, Deputacións e Concellos, elexidos polos Partidos implicados en potenciar a especulación de todo tipo  -nos  últimos anos sobre todo á inmobililaria-  e o negocio fácil  cando non a pura corrupción. O mandato legal  da  participación na xestión das caixas polos teóricamente propietarios, os “impositores” ou cidadáns  titulares de contas, fói sempre unha falsedade, unha impostura… Agora, fórá críticas hipócritas de parte dos seus actuáis “mandamáis”,´ o que vái facer o Goberno P”SO”E é rematar “a xogada”  para colocar os recursos  financieiros da caixas -que viñen funcionando no fundamental como bancos-  nas más de grandes capitalistas e ademáis cunha nova inxección de cartos públicos libres de intereses para  eses novos propietarios. Nin que decir tén que as útlimas actuacións das caixas para xustificar a súa existencia como  “entidades sin ánimo de lucro”  (así as define a L.O.R.C.A.), a chamada obra social,  vái tamén a desaparecer. Teremos que aproveitar as graves consecuencias que esta nova situación vái traer para a clase obreira e a pequena empresa, e convertir o descontento e o sentimento de estafa que se está a formar nunha auténtica resposta de denuncia política pola esquerda.

Relacionados