Barreiras arquitectónicas

 

Existe en relación con estas barreiras unha denuncia e unhas 1.300 sinaturas de apoio que este Grupo Municipal considera dignas de atención por parte do Goberno Municipal.

 

O Goberno Municipal ten que velar polo cumprimento dunha normativa en materia de accesibilidade que supón un contributo importante para facer realmente de  todas e todos  esta cidade. Este Grupo reclámalle ao concello unha actitude vixiante e estrita en orde a que se eliminen aos atrancos que dificultan  ou imposibilitan os desprazamentos e xestións da vida diaria das persoas con mobilidade reducida.

 

Esquerda Unida insta a unha pronta reacción do Goberno que poña fin a estas numerosas queixas e cómpre que a concellería responsable actúe de inmediato para garantir a superación deste atranco. Os estabelecementos bancarios teñen na normativa municipal a consideración de edificios de uso público aos efectos desta normativa de accesibilidade e cómpre que subsanen esta eiva. Ao Goberno correspóndelle velar pola propia normativa municipal e superior que ampara a denuncia existente.

 

Esquerda Unida demanda a adecuación do espazo público e dos inmobles de uso público da nosa cidade ás prescricións legais e regulamentarias en materia de accesibilidade ( lei 8/97, de 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras e do  decreto 35/2000, de 28 de xaneiro, que a desenvolve regulamentariamente). Así, reclamamos que se elaboren e executen as sendas accesibles entre os barrios e o centro da cidade, en orde a facilitar  o tránsito  de todas as persoas con mobilidade reducida na nosa cidade.

Relacionados