Bases do plan de emprego

O coordenador local de EU lembra que esta organización xa denunciara que as bases reguladoras do plan de emprego eran unha tomadura de pelo abosulto e que non deixaban claro a transparencia no proceso de contratación.

EU denunciou no seu momento que en ningún parágrafo se exixe un proceso de contratación transparente ás organizacións destinatarias e lembra que, poñelo nunha web e recibir curriculums non garante que todos teñamos o mesmo nivel de acceso e oportunidades ao posto de traballo que esta sendo financiado con cartos públicos.

EU lembra que nos primeiros plans de emprego xeneralizouse a figura do convenio para unha parte importante dos recursos do Plan e que, cando se modificaron as bases, a arbitrariedade na contratación seguía a estando presente.

EU non entendeu nunca como un dos requisitos para obter subvención do plan de emprego era “xustificar axudas nesta área na convocatoria anterior” cando as axudas na convocatoria de 2012 eran a todas luces, recoñecido polos propios informes municipais, non recomendadas ao realizarense mediante convenios e non oferta pública.

Igualmente EU denunciaba porque somentes existen 10 días para presentar solicitudes por parte das asociacións, cando non existe urxencia tal unha vez orzamentada a partida para este Plan.

EU defende que o 100×100 dos recursos económicos do Plan sexan consignados mediante fórmula de convocatoria pública eliminando a figura dos convenios con entidades salvo para os casos que realmente sexan de emerxencia social.

Relacionados