Beirarruas A Braña-Someso

 

Logo da exitosa Asemblea de barrio desenvolvida fai uns días, o noso grupo municipal puido constatar as grandes necesidades en canto a dotacións, equipamento e infraestruturas básicas que necesitan os barrios do Birloque, 2ª Fase de Elviña, Someso, As Rañas, Martinete, Lonzas ou Santo Cristovo Das Viñas. Na devandita Asemblea a veciñanza decidiu democraticamente que elevásemos ao Pleno 13 iniciativas na procura de mellorar a situación unha delas a estamos a presentar hoxe.

 

Esquerda Unida denuncia a falta de beirarrúas na estrada que vai dende A Braña a Someso, como pódese observar na fotografía.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes propón ensanchar a estrada, incorporar beirarrúas, establecer e sinalizar un límite de velocidade, asemade de incorporar badéns para asegurar o cumprimento da limitación.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “semella inconcibíbel que na cidade das millonarias obras faraónicas como o ágora ou o soterramento do tráfico no Parrote os nosos gobernantes abandonasen zonas a súa sorte”.

Relacionados