Beirarrúas na Zapateira

Esquerda Unida demanda ao goberno municipal que urbanice as estradas da Zapateira pola perigosidade que supón para a cidadanía, A AAVV da Zapateira demanda ó goberno local a adecuación das estradas sen beirarrúas, iluminación, sinalización e sen pasos de peóns do barrio. A veciñanza da zona xa solicitou esta actuación ao Concello pero o goberno municipal non so non solucionou esta eiva, senón que nin tan sequera mantivo encontros coa asociación para darlle resposta.

O Grupo Municipal de Esquerda Unida – Os verdes considera prioritaria a urbanización das estradas sen beirarrúas, iluminación e pasos de peóns no barrio da Zapateira Antiga, polo que presenta unha pregunta escrita para saber si o goberno local ten pensado resolver este problema de seguridade viaria e peonil. Concretamente:

– Ten pensando o goberno municipal levar a cabo a adecuación das estradas do barrio da Zapateira Antiga? Cando?

– Ten pensado o goberno municipal manter algunha reunión coa AAVV As Revoltas para darlle respostas sobre as principais demandas do barrio? Cando?

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a Zapateira cada día soporta maior tráfico, semella necesario garantir a seguridade viaria debido ao grande número de vehículos que transitan pola zona”.

Asemade, César Santiso subliñou que a veciñanza ten unha percepción moi negativa sobre a xestión que esta a levar a cabo o actual goberno. Moitas zonas deste barrio están totalmente abandonadas, con estradas sen beirarrúas nin sinalización, iluminación deficiente, sen pasos de peóns e rúas sen acceso a transporte colectivo.

Relacionados