mugardos.gif - 5.87 Kb

Beirarrúas no Camiño da Rega

 

As modificacións consisten na eliminación da beirarrúa por aglomerado asfáltico. A non colocación de beirarrúas preto do muro perimetral facilita os aparcadoiros de uso público e unha ampliación da zona de seguridade nos viandantes.Pero obriga a facer un percorrido alternativo, que dada a cesión dos tereos sitos no fronte da industria, este considérase totalmente adaptado para facer un percorrido alternativo.

Xunta de Goberno Local do 3 de setembro de 2009 se aproba a modificación da urbanización da superficie cedida no expediente da licencia de obras 115/2008, a execución do aval bancaria por 50.306,10€ a fin de que polo Concello se contraten as obras pendentes de executar que ascenden á cantidade de 35.295,24€ de acordo coa memoria valorada: urbanización do “camiño da Rega” de data maio de 2009.

Comisión de urbanismo do 15 de setembro de 2010:

¿Cómo esta o tema?

Sr. Presidente: Pois si que o temos que executar porque nos quedáramos co aval, pero en principio non temos nada…..hai unha memoria feita pero está pendente de executar.

Relacionados