i-love-ferrol-vello1.jpg - 16.96 Kb

BIC Ferrol Vello

 

 

A declaración de BIC  entronca coa moción aprobada en 2006 a resultas da proposta de Esquerda Unida no sentido de protexer o barrio da degradación urbanística e da cobiza especuladora. O noso texto recollía no seu primeiro punto, aprobado por unanimidade,  a elaboración do plan especial do barrio. Hoxe máis que nunca ten unha urxencia perentoria a súa posta en execución.

 

A veciñanza que reside no barrio, o conxunto da súa vida social da zona, recibe unha boa nova porque  con este recoñecemento a cidade no seu conxunto fornece o seu futuro o mandatármonos aos responsables públicos  para coidar e protexer dunha maneira máis esixente o  legado histórico e patrimonial de todas e todos os ferroláns acubillado no barrio primixenio da cidade.

 

Esquerda Unida  considera que agora a prioridade e poñérmonos a traballar para elaborar o plan especial de protección e reforma interior, que desenvolva as previsións de protección derivadas da declaración de BIC. Na súa elaboración haberá que conxugar celeridade, a situación de degradación do barrio así o impón, e  a debida participación dos diferentes sectores sociais interesados.

 

Xa que logo, demandamos do Goberno Municipal ten que comezar os traballos para a elaboración participada do PEPRI de Ferrol Vello. Non caben máis dilacións, porque estas lastiman o futuro do barrio, esto é, o da cidade.

Relacionados