Bicicoruña e orzamentos

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia a incoherencia na estratexia de mobilidade do goberno local que destina 2,4 millóns ao plan de mobilidade mentres abandona o servizo municipal de aluger de bicicletas.

Resulta inconcibible que o concello destine 2,4 millóns de euros ao Plan de Mobilidade, ou que lle vaia a regalar 7,5 millóns á Cia de Tranvías, e non lle faga fronte aos 138.329 € de déficit que acumula o servizo municipal de préstamo de bicicletas que paseniño, incrementa o seu nº de usuarios. Semella inconcibible que o PP aplique criterios economicistas e curtoplacistas a un servizo fundamental para a concienciación cidadá e alicerce da mobilidade sostible. O goberno popular diminúe o seu apoio ao uso da bicicleta no concello, mentres gasta a man cheas facendo publicidade dun plan de mobilidade que aínda non existe .

Non imos entrar agora en se a xestión dese parque de 140 bicicletas sexa ou non a máis axeitada, pero si valoramos a súa importancia en relación á difusión deste medio de transporte na cidade, se ben lamentamos que non se vexa respaldado doutra serie de medidas da concellería de mobilidade.

O que si temos claro é que se debe producir un cambio de modelo no patrón de mobilidade existente na cidade, e isto pasa por desenvolver políticas municipais de apoio, que prioricen unha cidade para os peóns, bicicletas e transporte colectivo, en detrimento do vehículo a motor, pois deste xeito se reduciría a nosa dependencia do petróleo, que é cada vez máis caro e máis escaso.

Esquerda Unida advirte acerca do risco que supón a suba das tarifas, dado que podería condenar a morte a BiciCoruña. Porque a suba das tarifa suporá unha diminución de a lo menos un 26% de usuarios, o que fará incrementar as perdas do servizo habida conta que os custes son fixos.

O voceiro de EU-V, César Santiso, asegura que “con medidas de respaldo ao uso da bicicleta, fomentando a cultura e a seguridade do seu uso, melloramos a calidade de vida sen apenas gastar cartos”. Animo ao Sr. Negreira ou á concelleira a que colla a bici e ademais de se sacar “a foto” para empregar na súa campaña, recoñezan as dificultades ás que se teñen que enfrontar as persoas ciclousuarias tódolos días e lles fagas fronte: seguridade viaria, redución da circulación a 30 Ktms hora reais polo casco urbán, respecto das distancias de seguridade, promoción dun carril bici que non invada o espazo dos peóns, eliminación real de barreiras para persoas con dificultades, así coma outras medidas que dean prioridade aos vehículos menos contaminantes, espazos axeitados para carga e descarga para despois non veren os pasos de peós ous as nosa beirarúas invadidas por camións e coches, ou incluso favorecer que os nenos e nenas acudan aos coches de seu, sen que isto implica que nas ás horas de saída dos colexios un montón de pais e nais no seu vehículo privado vaian á procura dos seus fillos/as.

Relacionados