Billete único de bus

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera fundamental fomentar a utilización do servizo de transporte público colectivo para reducir o déficit en canto a a mobilidade que padece a nosa cidade. Para iso débse actuar en dous ámbitos o primeiro no incremento da eficacia e calidade do propio transporte, mediante a modificación das liñas e ampliación das frecuencias, así como a incorporación dunha flota máis eficiente e sustentábel e a aposta polas novas tecnoloxías para facilitar a interación dos usuarios, como por exemplo dotando todos os percorridos de paradas intelixentes, así como a incorporación do pagamento mediante os propios dispositivos móbiles (tipo Android, Iphone ou BlackBerry). Más non cabe dúbida que a parte económica é a que máis influie na decisión dos usuarios, máis nestes tempos de crise e sufremento.

Xa que logo, Esquerda Unida propón crear o billete único progresivo, un novo tipo de pagamento máis económico e flexíbel para o bus urbano. A proposta consiste en permitir que a cidadanía poida utilizar de maneira universal o transporte público colectivo, sen que supoña un lastre económico. A formula consistiría en que os ususarios e usuarias pagarían o prezo intégro do billete no primeiro viaxe e posteriomrente un 10% do pagamento inicial en cada un dos restantes traxectos durante o día. Así, supoñendo que o primeiro viaxe custase un euro, e o cada un dos transvordos do diá tan so 10 centímos. Así por exemplo por dous euros os coruñeses e coruñesas podería facer 11 viaxes en autobus, o que lle daría total autonomía para desenvolverse pola cidadae sen necesidade de utilizar o vehículo particular a motor a un prezo moi asequíbel.

o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “as políticas en canto a mobilidade desenvolvidas polo goberno municipal son regresivas ao empeorar a calidade do transporte público colectivo. O PP esta a gastar unha enorme cantidade de cartos públicos para agachar a súa incapacidade, a súa actuación é demagóxica pois sabe que o plan de mobilidade que está a encargar non o pederá executar nesta lexislatura e dubido moito que volven a gobernar nesta cidade logo da súa nefasta xestión”.

 

Relacionados