As poucas medidas que o Goberno municipal pretende desenvolver están relacionadas co turismo, que si ben é un sector que ten boas oportunidades de negocio, non soluciona por si solo os problemas da nosa cidade, xa que a nosa capacidade económica dependería de factores esóxenos como a climatoloxía ou os gustos e tendencias dos turistas. A volatilidade do devandito sector queda demostrado nos datos de ocupación hostaleira desta última ponte, cunha caída do 50%.
O grupo municipal de Esquerda Unida – os verdes presenta alegacións ao Imposto de Actividade Económicas (IAE) das ordenanzas fiscais para fomentar o cambio de modelo produtivo cara un máis sustentábel e menos dependente do petróleo, mediante dúas medidas:
a) Aplicar unha bonificación as empresas e autónomos que autoxeren enerxía mediante fontes renovábeis nun porcentaxe igual ao porcentaxe da enerxía potencialmente autoxerada en relación coa total consumida ata un máximo do 50% cun tope máximo de 500 €
b) Bonificar ás empresas que certifiquen o grado de desenvolvemento de plans de transporte para o seu persoal segundo o grado porcentual de persoal que utilice o dito plan ate un máximo do 45% cun tope máximo de 500 €.
Esquerda Unida propón aplicar bonificacións aos emprendedores que inicien unha actividade económica na Coruña, concretamente a medida consiste en aplicar o 50% de bonificación no IAE aos suxeitos pasivos que inicien unha actividade empresarial afastados dos centros urbanos, cun tope máximo de 500 €.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o Goberno municipal non debe esperar máis para promover a reactivación económica local. Os datos indican que non podemos fiar a nosa sorte tan so ao turismo”.