O cartel anunciador reflexa como requisito,entre outros: “Que a contía dos ingresos por tódolos conceptos sexan iguais ou inferiores ó IPREM”.
Pois ben, a ordenanza fiscal nº6 reguladora da taxa polo servizo de recollida de lixo, a ordenanza fiscal nº7 reguladora da taxa polo servizo de subministro de auga e a ordenanza fiscal nº8 reguladora da taxa polo servizo de sumidoiros publicadas no Boletín Oficial da Provincia do día 27 de outubro de 2009 e actualmente en vigor recollen no seu artigo 4 Cota Tributaria o seguinte:
“Gozarán de exención aqueles contribuíntes cuxa unidade familiar perciba ingresos mensuais, por todos os conceptos, inferiores ou iguais ao salario mínimo interprofesional”.
“Gozarán dunha bonificación do 25% aqueles contribuíntes que cumpran os requisitos da táboa anexa:
Nº DE MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR |
INGRESOS MENSUAIS POR TODOS OS CONCEPTOS |
Dúas persoas |
>SMI-SMI+60,1 |
Tres persoas |
>SMI+60,01-SMI+120,2 |
Catro persoas |
>SMI+120,2-SMI+180,3 |
O IPREM esta fixado en 532,51€/mes e a contía do SMI esta fixado en 641,40€/ mes.
Esta situación demostra unha vez máis a pouca atención que se lle presta por parte do goberno municipal ás cuestión relativas a paliar os efectos da crise económica sobre os máis débiles, así como utilizar os recursos legais que ten a administración local para incidir en políticas de redistribución da riqueza, facilitando a vida a quenes menos teñen.
Demandamos do goberno local que antes de por carteis anunciadores ou facer publicacións na páxina web se informe dos acordos aprobados e publicados polo concello.É si quere cambiar os requisitos económicos para ter dereito á exención ou bonificación nas taxas municipais que o someta a debate no Pleno do Concello, dado que todo cambio nas ordenanzas fiscais necesita do voto afirmativo da maioría simple do Pleno.