Bonificar ás familias necesitadas

 

Esquerda Unida esixe ao Goberno municipal que aplique a máxima bonificación que permite a lei no imposto de Plusvalía ás persoas con menos recursos.

 

Non cabe dúbida que é tremendamente inxusto que se bonifique o mesmo a unha persoa con grande poder adquisitivo que a un mileurista o a unha persoa sen recursos. Por iso, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes propón unha bonificación do  95% na Plusvalía para ás familias máis necesitadas así como tramos progresivos de bonificación no seu voto particular ás Ordenanzas Fiscais.

 

A modificación do sistema de bonificación no imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana para as transmisións realizadas a título lucrativo por causa de morte en relación coa vivenda habitual do causante que se solicita e factíbel, pois o prevé o artigo 108.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL).

 

Por criterios de xustiza social, propoñemos que se aplique a progresividade en función dos niveis de renda da unidade familiar do suxeito pasivo no último exercicio declarado, e dicir a suma dos ingresos da unidade familiar en base as certificacións de renda emitidas pola Axencia Tributaria, dividida polo número dos membros da unidade familiar, segundo a definición contida na lexislación vixente en relación co Imposto da Renda das Persoas Físicas (IRPF). Aplicando a progresividade en tramos de renda definidos polo Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM) que no 2011 atópase en 532,51 €.

 

Así, as bonificacións outorgaranse en relación á capacidade económica real dos suxeitos pasivos, por exemplo recibirían un 95% de bonificación, a máxima legal segundo o TRLRFL os suxeitos pasivos cuxa renda familiar sexa igual o inferior ao IPREM e dicir a 532,51 €.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “é de xustiza que se aplique unha bonificación progresiva no imposto de plusvalía, apelo ao sentido común do Goberno local para aceptar a nosa achega”.

Relacionados